Selecciona una palabra y presiona la tecla d para obtener su definición.

1

Eu ben sei que en rigor estas octavas non son en maneira algunha a glosa dun cantar, e que mellor e con máis propiedade podía chamarse conto; pero como polo de ahora non penso facer en gallego nengún libro de contos póñoo aquí, unha vez que nestes cantares tratei de pintar as costumes dos nosos proves aldeáns, e sirven estas octavas pra dar a conocer unha das máis antiguas e máis usadas. Sempre me conmoveu o relato deste conto sencillo, patriarcal, e por eso decidínme a versificarlo, contando ca benevolencia dos lectores. ¡Son tantos os desdichados a quen nas nosas aldeas non se ofrece a proba do porco, e que soñan co día que, como Vidal, poidan decir aos seus avaros veciños: -¡Adiante co varal...!

<<

2

As virtudes verdadeiramente evanxélicas deste cabaleiro, tan amado dos que o conoceron, inspiráronme un libro, que non tardarei en publicalo con o título de Historia de mi abuelo.  Nel rindo un tributo de admiración e amor a aquel cuia maior sabiduría consisteu sempre en facer o ben a ollos cerrados e con man cariñosa 

<<

3

A máis grande dificultade que achei pra escribir esta alborada, foi o meu deseio de que saíse nun todo arregrada á música. Conseguín esto, pro foi a custa da poesía; non podía ser de outro modo, cando se dá cun aire tan extraño e tan dificile de acomodarlle letra algunha. 

<<