Saltar al contenido principal

Rosalía de Castro

  1. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
  2. Rosalía de Castro
  3. Imágenes
  4. Videoteca signada
  5. Follas novas. Negra sombra. Poema signado - Videoteca signada

Follas novas. Negra sombra. Poema signado - Videoteca signada Ficha de la obra

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m'asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre m'asombras.