Logo Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes


Últimos
contidos
incorporados

Consulte os contidos máis recentes desta sección.


Obras
máis
consultadas

Lista coas obras máis consultadas.
 Secretaría Xeral de Política Lingüística -Xunta de Galicia   Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades 

:: Biblioteca das Letras Galegas > Presentación

Presentación


Os primeiros pasos encamiñados á creación dun sitio web das letras galegas deunos a Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes Saavedra ao ter a iniciativa de subscribir en xuño de 2007 un convenio co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades polo que os traballos realizados e publicados nesta institución poderían ser incorporados á Biblioteca Virtual baixo certas condicións especificadas en dito convenio e que incluían a posibilidade de continuar cunha colaboración máis estreita. O Portal Biblioteca das Letras Galegas, xa que logo, ven ser unha expansión daquela iniciativa e ten por obxecto poñer á disposición dos internautas o patrimonio literario galego acumulado dende as primeiras e riquísimas manifestacións medievais, cando o galego era a lingua normal de uso nas administracións civil, eclesiástica e privada e a preferida en gran parte da Península Ibérica para a expresión lírica, até hoxe mesmo, cando o sistema literario galego é xa unha realidade incontestábel, despois de cento cincuenta anos de esforzos e voluntarismo para retomar a normalidade perdida dende que a finais do século XV comezara a lingua de Castela a suplir o galego nas funcións xa apuntadas e que lle eran propias, incluída moi especialmente a expresión literaria.

Os beneficios que este Portal Biblioteca das Letras Galegas achega a calquera que se interese polos seus contidos son obvios, pero a peculiar dispersión xeográfica da sociedade galega actual, debida á intensa emigración que dende o século XIX protagonizou un amplo e heteroxéneo abano de xentes de Galicia, até o punto de podermos falar dunha Galicia extraterritorial, dálle a esta iniciativa da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes Saavedra (dous apelidos, por certo, netamente galegos) unha dimensión social que ha servir para fortalecer os vencellos que de sempre deveceu por manter o colectivo da emigración coa Galicia territorial, coa Terra Nai.

Coidamos que a referencia imprescindíbel en que, a día de hoxe, se converteu a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes Saavedra, con máis de cento corenta e seis millóns de consultas anuais, é unha boa xustificación para entusiasmarnos no labor de nutrir o máis posíbel este Portal Biblioteca das Letras Galegas que agora se pón en marcha e que esperamos sexa tamén unha referencia obrigada para os curiosos, estudiosos e especialistas na materia.

Anxo Tarrío Varela

 
 Logo del Taller DigitalMantida polo Taller Digital        Marco legal       Accesibilidade 
    [Correo]Enviar correo. (Atallo: tecla 9) 
© Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes