Selecciona una palabra y presiona la tecla d para obtener su definición.

  —[253]→  

ArribaAbajoVariedades


ArribaAbajoLibro IV del Códice Calixtino

Traducción gallega


Fidel Fita


En los Recuerdos de un viaje á Santiago de Galicia203 he sacado á luz varios extractos de esta notable traducción, monumento literario del idioma gallego. La fuente latina, de que dimanó, ha sido tristemente cegada y bárbaramente destruída en el códice arquétipo del siglo XII204. Para recobrarla y beneficiar sus raudales en servicio de nuestra Historia y Geografía y de las Letras patrias, convendrá examinar no solamente las copias latinas, sino también las versiones antiguas, entre las cuales la presente merece aprecio singular por única en su género. Está contenida en el códice T. 255 de la Biblioteca Nacional, en 4.º, pergamino, con letra del siglo XV. No van numeradas las rúbricas ó capítulos.

___________

Ata aquí vos contamos da trasladaçon é miragres de Santiago; é des aquí ende ante, vos contaremos come Calrros librou España do poderío dos mouros, segon conta Don Turpim, arçibispo de Reenes.

  —254→  

Turbino, por la graçia de Deus, arçibispo de Reenes, é conpañon de Calrros enn os grandes feitos é lides que lle acaesçeron en Espana, á vos Don Leoprando, dean de Aquisgrano, Soude en Jhesu Cristo. Porque enn o outro dia enbiastes nos dizer, á Viana, onde nos éramos doente de chagas que tragíamos, que uos scriuísemos commo noso enperador Calrros liurou as terras de Espana ó de Galiza do poderio dos mouros per los seus grandes feitos; as quaes cousas nos vimos todas, andando con él é con os Príncipes de terra d'Espana é de Galiza, por espaço de quatorze annos, nos, çerto de commo pasou, fazémoslo saber á vosa yrmandade.

1.-Commo se demostrou á Calrros as estrelas enn o çeo

Sabede que o apóstolo glorioso entre todo los outros apóstolos de nostro señor que foron á preegar per las partes do mundo, foy él o primero que pregou en Galiza; é, despois que o Rey Erodes mandou matar en Jherusalem, trouxeron o corpo d'el os diçípulos por mar á Galiza, onde él foro enbiado á preegar primeiramente, segon ja oystes; é as gentes que él conuertera en Galiza, despois per los seus pecados perderon a creença de Deus que lles él enbiara, que os ensinase, ata que fui cobrada enn o tempo deste Calrros, depois que conquireu con gran traballo moytas partes do mundo; conven á saber: Ingraterra, França, Alamana, Leorena, Bretana, Bergona, Italia, e todas las outras terras é çidades de mar á mar; é tiroas do poder dos mouros por la ajuda de Deus, é per las suas armas, é as tornou á sua creença. E porque era ya cansado de grande traballo que leuara, poso en sua voontade de folgar. E huna ora, catando él contra o çeo, vió huun camino d'estrelas que se començaua sobre lo mar de Frisa, é ya por ontre Alamana ó Italia, é por ontre França é Aquitalia (sic); é ya dereytamente por meogo da Gascona é per Nauara, ó por Espana, é ya ferir en Galiza, en aquel lugar onde ó cor o de Santiago yazia ascondudo; é Calrros, veendo esto moytas noytes, coydou, en sua voontade qué poderia seer. E jazendo de noyte en esto coydando,   —255→   apareçulle huun caualeiro en vison tan fremoso, que non poderia mais; é dísolle: -Meu fillo, ¿qué fazes? E él respondeu: -¿Quién es tú? E él lle diso: -Eu soo o apóstolo Santiago, criado de Jhesu Cristo, é fillo de Zebedeu, é yrmaan o Sam Johan auangelista, o que Nostro Señor per la sua misericordia escolleu sobre lo mar de Galilea para enbiar preegar a sua creença a os poboos; é o que Erodes mandou degolar en Jherusalem; cujo corpo agora jaz soterrado ascondidamente en Galiza, que agora he metuda en poder de mouros, á desseruiço de Deus. E marauíllome moyto, tú que tantas terras é tantas vilas liuraste do poder dos mouros, por qué non liuraste a mina; por que che faço á saber que así commo te Deus fezo mais poderoso c'a todo los outros Rex da terra, que así te escolle para [que] liures a mina terra, é meu camino do poder dos mouros; é para darche por ende coroa de gloria perduráuele. E o camino que tu viste enno çeo das estrelas, sabe qué che demostra? Que te deues ayr con mey gran poder, é liurar o meu camino, é a mina terra; é á bisitar é entrar aquel lugar que he en Galiza, onde jaz o meu corpo. E despois que esto for feço, de toda las terras de cristianos que ha de mar á mar, yran aló en romaría; é aberán y de Deus perdom de sous peccados, e daranlle y loores por las boas cousas é marauillas que fez é faz. E esto se fará y sempre des lo tempo da tua vida ata a fim do mundo. E agora vayte o mays çedo que poderes, é eu ajudarte ey en toda las cousas. E por lo trabalo que y leuares, gaanarche ey de nostro Señor a gloria do parayso; é o teu nome seerá sempre loado. E en esta gisa apareceu o apóstolo Santiago tres veces á Rey Calrros; é él, desque esto vió, esforzándose enn a promesa que lle Santiago disera, juntou, muy grandes jentes, é entrou á Espana para conquerir os mouros.

A primeira çidade que çercou Calrros en Espana foy Pampeliona; et oube sobre ela tres meses, é non a podo tomar porque era moy forte é moy ben çercada de muros. E desque vió que a non podia tomar, fez sua oraçon á Deus en esta gisa, é diso: -Sennor Jhesucristo, en cuja creença eu vy á esta terra para destroyr a gente pagana perfiosa que he contra a tua lee; rógote, Señor, que me des graça para que en posa tomar esta cidade a aonrra do teu santo nome. E Señor Santiago, se uerdade he que   —256→   me tu aparesciste, gaáname poder per que eu a posa tomar. E enton, per la graça de Deus á per lo rogo de Santiago, caeron todo los muros da cidade per lo fondamento. E logo Rey Calrros mandou meter todo los mouros que dentro eran á espada, saluo os que se quiseron baptizar é tomar a creença de Deus. E os mouros desque oyron esta marauilla, per hu quier que él ya dáuanlle parias et obedeçíanlle, é entregáuanlle toda las vilas; en gisa que toda aquela terra meteu soo son senorio. E marauillanse os mouros por que vian a gente de França moy boa é moy ben vestida é de moy fremosa façe, é sen arma ninhuna sayan á des, é recebian os moyto onrradamente é con gran omildade. E dési foy en romaria ao moymento de Santiago; é desi o padron, é meteu o conto da lança no mar, é dou loores é graças á Santiago é á noso Señor por que y chegara con soude, sen contrarion alguna. E diso que dalí en deante non podia mais yr. E os galegos que foron tornados a creença de Deus per la preegaçon de Santiago é dos seus diçípulos, que se tornaron despois á a seyta dos mouros foron baptizados per maon do Arçibispo Don Turpim; é os outros que se non quiseron baptizar, huuna foron metudos á espada, é os outros á catiuo en poder dos cristianos. E desí foyse el Rey á conquerir á Espana toda de mar á mar; é as cidades é vilas que y conquereu son estas: Primeiramente Viseu, Lamego, Duumna, Coynbra, Lugo, Orense, Padron, Tui, Mondanedo é Bragança. arcibispado; á cidade de Santa Maria de Gimaraes, Conpostela, que era enton vila pequena, Alcalá, Agoadalfayar, Salamanqua205, Uzeda, Ulmedo, Saluaris, Maudira, Mauqueda, Santa Eulalia206, Talaveira ques lugar de moytas froytas; Medina Colrin207, que está en moyto alto lugar; Berlanga, Osma, Seguença é Segouea que he grande vila; Galamanta208, Sepúluega, Toledo, Calatraua, Badollouço, Turigillo, Aguadiana é Nema, Altamora209, Palença, Luçerna, Ventosa, que chaman Carçese, que he en Valuerde; Capara, Astorga, Ovedo, Leon, Carreon, Burgus,   —257→   Nágera, Calafora, Viana que chaman Arquos, Estella, Calataúde, os Miragres, Todela, Saragoça, Pampelona, Bayona, Jaca, Osca; é soya y aver nouenta torres, Taraçona, Barbastra, Rosas, Urgel, Elnas, Gironda, Barçalona, Tarragona, Lérida, Tortosa, que he huun castelo moy forte; Rodergali, que he forte castelo; Carbona, castelo forte; outrosi, Durelic, Ascalona, Algaleçi e a cidade de Deydana210, Ispálida, Úbeda, Beença, Petrosa, en que facen moy boa prata; Valença, Denya, Xátiua, Granada, Seuilla, Córdoua, Auela, Acintiaña211, en que Sam Torcado jaz, confesor de Jhesucristo, é diçípulo de Santiago. E alí hu él jaz está hunna oliuera, é per la gracia do Spiritu Santo, per lo seu dia, que he ydus May, que som quinze dias deste mes, frolece aquel dia é madurece ó froyto del: é a cidade de Besortom en que ha caualos moy fortes que chaman en lingoajeen alaraues; Mayorgas insoa, a cidade de Bugia que de custume an seu Rei; Agabila; Susoa Goara, que he çidade de Barbaria; Meloyda Ebitia, Formentana212; Alcolez, Algesira, Almaria, Moneca, Gibaltar, Marroquos, Çeuta, que he ennos estraytos d' Espana, onde he o mar verde; Tarifa. E de mais ainda tomou toda a terra d'Espana é d'Andaluzía que tinan os mouros; é a terra dos serranos, é dos pardos, é dos castelanos, é terras dos aláraues ó dos nauarros é dos vizcaynos. Todas estas terras é lugares é vilas é çidades, delas sen batalla e delas per batalla, é per grande sabedoría todas foron sojugadas do moy nobre Calrros, é metudas so o seu senorío, saluo Luçena, que agora chaman Borroes, que he Valverde, que era enton moyto murado é moy forte, é despois bolueu á ela é teuoa açerqua de quatro meses. E jazendo sobre ela, porque a non podo tomar, rogou á Santiago que lle gaanase graça de Deus per que a podese aver; é feça oraçon, caeron todo los muros da vila, é des enton fézose y lugar en que non pode ningune morar, é féxose en o meogo dela huun lago moyto alto é moy negro, en que andan peixes moy grandes é moy negros. E oube y alguuns Rex de terra de França é Enperadores d'Alamana que   —258→   vieron ante que este; é conquiroron alguuns destes lugares, mais non todos; é despois foron metudos en poder de mouros ata o tempo que este Calrros o Mano conquireu toda Espana así commo oydes, é meteo a so si soo senorio213; por que oube outros Rex que avian así nome, é foron tres: Calrros Martel; Calrros Caluo, Calrros Maynente; mais á este chaman Calrros ó Mano, porque conquireu toda las Españas por sua lança; é despois que conquireu toda las estos lugares, maldiso estas tres çidades por que lle foron maas de tomar; conven á saber: Lucerna, Ventosa, Capara; é despois nunca en elas ningen prouou214.

2.-Do ydolo de Mafomete

Poys que Calrros maldiso estas tres çidades, quantos ydolos y achou een Espana, todo los distroyó é birtou, saluo o ydolo que en terra de Andalusie que chaman Salancaudis, é Cadix quier dizer en lingoajeen ebrayque. E dizen os mouros que este ydolo fez alí Mafomeet, a qui él espois seendo vivo en seu nome por encantamento, é meteu en él huuna ligion de demoes que o teen sotilmente é tan rezeo, que nunca o ninhuun o pode birtar. E quando chega alguun mouro y para fazer oraçon, on pedir merçee á Mafomeet, é quando chega alguun cristiano, vayse enfermo, é se alguna ave pousa en él, more logo. E aquel ydolo está en a ribeira do mar en vn penedo antigo sobre la torra moy ben laurado de huuna obra muy nobre a afinourisca; é en fondo he moyto ancho é cadrado, é ençima estreyto; é e tan alto, quanto pode boar huun coruo; é sobre él está en pee feyta huna ymageen de metal en gisa d' ome; ó ten o rostro contra o medeo dia; é en a mano destra ten huna moy grande chaue que lle caerá, segon dizen os mouros, quando naçer en França huun Rei que motora toda Espana a creença de Deus. E quando eles viren caer á chaue, asconderse am so a terra quanto aver ouueren, é fugiran.

  —259→  

3.-En commo Calrros enrequintou a glesia de Santiago

D' ouro que lle deron os prínçipes enrrequintou a iglesia de Santiago é morou y tres años é meten y bispo é coengos, segundo regla de Sant Isidro. E poso y sinos é liuros á vestimentas é toda las outras cousas que perteesçen á a iglesia. E de ouro que lle ficou fez outras moytas iglesias, é fez a iglesia de Santa Maria [en] Aquisgrano é [a iglesia?] de Santiago en Vedes215, é outra en Tolosa, é outra en huna vila que chaman Axa; ó Sant Johan de Sardoua que he en o camino de Santiago. Fez outra iglesia de Santiago en Paris, ontre o rio da Sena é o monte dos márteres, é fez outras abadias moytas per lo mundo, para acreçentar é enxaltar a sancta lee216 de Jhesu cristo, de que aquí non faz mençon.

4.-Commo Aygolando conquireu a Espana con gran gente

Poys que Calrros acabou esto segon avedes oydo, foyse para França, é, huun Rey mouro que era d' Afriqua é avia nome Aigulando, con moy gran jente entrou a Espana ó conquireu a toda, tomou os castelos é as vilas; é os cristianos, que estauan dentro por Calrros, póseos fora é matóos. E Calrros commo oyó esto, con sua caualeria volueu outra vegada para conquerir a Espana outra vez commo de cabo; é con él el Duque Millo d'Inglaterra, padre de Rulan. E aquí vos diremos huun miragre que Deus mostrou en Bayona a vella por dar emxemplo a os que toman o aver dos finados é non conpren a suas mandas.

  —260→  

5.-Myragre de Santiago

Seendo Rey Calrros en Vayona dos bazquos217 con sua caualaria, huun caualeiro que auia nome Romariquo, seendo doente pera morte maeefestouse é tomou peedença é receleu218o corpo de Deus; é mandoullo o clérigo que huun caualo que tragia que o mandase vender é dar por Deus á clérigos é á pobres por sua alma. E él mandou á vn seu parente que o fezese así. E desí morreu; é o parente con cobiiça, desque vendeu o caualo, tomó o preço que lle por él deron, é despendéo en comer é en beber é en vestir é en o que se pagou. E por lo juizo de Deus que sol vijía219sobre los que fazen maas cousas, á cabo de triinta dias vino o caualeiro de noyte en sonos a aquel seu parente, é dísolle: -Porque eu leixey en tua mano o meu auer que o deses por mina alma para eu seer saluo, sabe que me perdoou Deus todo los meus pecados. É por que o tú non quiseste dar alí onde eu mandey, é o tomaste para tí, fazésteme fazer triinta dias ennas penas do interno, onde eu sayo. E sabe que en demanano seerey en Paryso, é tú metudo onde en sayu.

E enton o caualeiro desapareçeulle, é él espantouse com gran medo, é levantouse moy çedo de manana, é contou á todos o que lle acaesçera; é todo los da oste220 marauilláronse moyto, é falando entre sy de tan gran cousa, adesora oyron moy grandes braados enn o áere, así como roydo de leones é de lobos é de touros; é os demoes en aqueles braados leuárono logo viuo é saano, donc todos é moytos de caualo é de pee buscárono por los montes quatro dias é nunca o poderon achar. E á cabo de doze dias, en yndo a oste del Rey por los montes de Nauarra é d' Álaua, acharon o corpo dél todo quebrantado en huun monte, cabo do mar, que auia en alto tres legoas, ençima de huun penedo, á quatro jornadas   —261→   de Bayona, hu os demoes leixaran o corpo dél, é leuaran a alma para os infernos. E desto deuen a entender os que an o auer ensí dos finados, é o no quieren dar onde eles mandan, seeran perdudos para sempre.

6.-Da batalla onde froleçeron as lanças

Despois desto, Calrros é o Duc Millo con suas ostes entraron en Espana á buscar Rey Argulando, é achárono en terra de Campos, cabo do rio que chaman Çea, en huuns prados, en huun lugar moy boo é moy chano, hu despois fezeron huna iglesia moy grande é moy boa, en que jaz Fagundo é Primitiuo, márteres, por mandado é ajuda do Emperador Calrros, hu agora está moy boa vila é moy rica, é a iglesia ó abadia de monjes. E chegando a conpana de Calrros, Argolando enviou dizer á Calrros que se quisese, que lle daria lide de XX caualeiros por XX, ou de XL contra XL, ou de çento por çento, ou de mill por mill, ou dous mil por dous mill, ou huun por huun; é Calrros enviou logo çen caualeiros que lidasen con outros çento de Aygolando. E foron mortos todo los mouros. E despois lidaron duzentos por duzentos, é foron mortos todo los mouros. A açima enviou Aygolando dous mill por dous mill; é fouron todo los mouros vençidos, así que huuns mataron é os outros fogiron. A o terçer dia lançou Aigulando sortes en puridade221, é achou que se lidase con Calrros, que o vençeria. E envioulle dizer que en outro dia lidaria con él, é con todo los seus, se quisese. E o Emperador outorgoullo. E enton chegáronse huna peça de cristianos que gisaron suas armas con que avian a lidar; é chantaron os contos das lanças ante as tendas que estauan en huuns prados enn a ribeira do rio. E en outro dia echaron222 nas con tosca é con moy fremosas follas; á aqueles eran os que en aquela lide avian de reçebir coroa de marteyro por la creença de nostro Señor. E des quando esto viron, marauilláronse moyto de tan fremoso miragro,   —262→   é cortaron as lanças por apar do tarréo223, é das rayzes que ficaron, naçeron pértegas de que se fezeron moy grandes áruores que ainda ojo estan en aquel lugar, é som moytas de las freixas. Marauillosa cousa era esta á de gran prazer, que por la morte que avian de auer os corpos, auian de auer as almas vida perduráuele. E enton començaron moy fortemente, en gisa que foron y mortos quoreenta mill cristianos. E o Duc Millo, padre de Rulan, con aqueles á qui froleçeron as astes, ó reçebeu y coroa de marteiro; é mataron y o caualo á Calrros, é él ficou de peé, con dous mill cristianos enn o valo da batalla. E tirou a espada que chaman gaudiosa é daua con ela grandes golpes, en gisa que cortaua moytos corpos per meo. E desque foy noyte, fóronse os mouros para suas tendas, é os cristianos para as suas. E en outro dia vieron para ajuda de Calrros quatro marqueses de terra de Italia; é tragian quatro mil omes moy boos para lidar. E quando Aygolando o soubo, fogeu a terra de Leon, é Calrros con sua jente volveu para Franca. E non he de dubtar dos que en aquela lide reçeberon morte por la creença de nostro Señor auéran por ende a gloria do parayso. E asy commo os caualeiros de Calrros ante do dia agisauan as armas para lidar, así commo estos deuen os pecadores aaguisar dante maano as suas armas, que son fazer boas obras para lidar contra os pecados. E quando aquel que filla boa creença contra a maa; et sofrença contra a sana224; é largueza contra avariçia; e omildade contra a soberbea; é castidade contra a luxuria; é oraçon contra a entençon do medo; é pobreza contra a riquesas; é perseuerança do bem. E se cala contra os de estos é vay contra a voontade de seu coraçon, á sua lança, que he a alma, seerá frolida ao dia do juyzo, ante a façe de nostro Señor Dey225 que ben aventurada é frolicida enn o reyno dos çeos seerá a alma do que en este mundo ben lidar é vençer226os seus pecados! E así commo os cavaleiros de Calrros foron mortos enn a lide por la creença de Deus, así nos deuemos amatar nosos pecados en quanto   —263→   biuiermos en este mundo, fazendo boas obras para que vaamos á gloria de Deus.

7.-Da batalla de Calrros, emperador, é Aygulando, mouro

Despois desto Aygulando juntou jentes moytas é moabitanos é de Ethiopia é de Afica é de Persia é d'outras terras moytas. E Teixafin, rey de Arabia; é Borrabeu, rey de Aleixandria; é Amaro, rey de Bugia; é Esparmo, rey de Agabilla; é Jatamon, rey de Barbaría; é Alix, rey de Marroquos; é Afermogio, rey de Marfogas; é Aleyman, rey de Mequa; é Abrayn, rey de Sevilla; é Almoçor, rey de Córdoua; é chegou con aquela oste á huna çidade que he en Gascona que chaman Agen, é tomóa; é desí enbiou á Calrros que fose á él con poucos caualeiros, é que lle daría saseenta caualos carregados d'ouro é de prata, é outras riquezas moytas se lle quisese obedecer. E esto fazia él por lo conosçer por lo despois matar enna lide. E Calrros been o entendeu, á con dous mill caualeiros foyse á duas legoas da çidade de Ajen, é leixóos y todos ascondidamente, se non saseenta que leuase consigo ata huun monte moy preto da vila, onde a ben podía veer, é leixou y aqueles caualeiros, é mudou os panos que tragía; é leixou á lança, é foyse en seu caualo, é con él huun caualeiro que leuaua huun escudo á as costas, ca era en aquel tempo custume dos que yan á mandado en tempo de gerra; é así se foy adentro á a vila; é á os que sayan da vila preguntáuanllos que querían. E les diseren que eran mandaderos de Rey Calrros que os envialla á Rey Aigulando; é entraron con eles enn a çidade, é leuáronos antél; é eles diseron: -Aygolando, Rey Calrros nos enbia á ty, é mándache dizer que ven á tí con, saseenta caualeiros, segon lle mandaste dizer; é quierte seruir é seer teu caualeiro se lle fezeres o que lle prometiste; é que te vayas con el en sinal de paz veer con outros saseenta caualeiros. Sobresto falaraí con él. E en todo esto Aygulando nen os seus non conosçeron Calrros. Pois ydeuos é dizede á Calrros que me atenda. E Calrros paroulle ben mentes é catou moy ben a çidade por era mais firme para conbater; é vió os reys   —264→   que estauan dentro é a jente que tinna consigo; é desí foise para onde tina os saseenta caualeiros; é con eles foyse para hu estauan os dous mill; é Aigulando armouse moyto agina; é leuou consigo sete mill caualeiros; é foise despos eles, coydando de matar Calrros. E Calrros, quando o vió, començou á fugir, é acolleuse con os seus. E desí foyse á Franca, é ajuntou consigo moyta jente, é volueu á vila d'Agem, é çercóa; é joube sobre ela seys meses; é á o sétimo mes, pos á os mouros, dela eujenos é gacas é mangerelas é algaradas é castelos feitos de madeira, con que a conbatia moy fortemente. E Aigolando quando esto vió, él é os outros Reis, os mellores da sua corte fogiron de noyte con moy gran medo ascondudamente per los cauos é per los furados dos muros da vila. E así escapou das maanos de Calrros; e pasaron o rio de Garonna que vay per cabo da vila. E en outro día o Emperador Calrros entrou a çidade con moy grande onrra é matou y moytos, é os otros fogiron con gran medo, pero que foron mortos dez mill mouros.

8.-Da batalla de Santes, onde froleçeron as lanças

Despois desto, Aigolando foyse d'aquela para Santes, que era enton dos mouros, é morou y con sua gente huna peça, é Calrros foise apos él, é mandoulle diser que lle dese aquela çidade; é Aigolando non lla quis dar; é enbioulle diser que lle daria batalla en tal pleito que quien vençese a batalla fose sua a çidade. E Calrros outorgoullo. E ende véspera do dia que auia de seer a batalla, seendo Calrros os da sua oste moy ben agisados, é moy ben gornidos d'armas é de todo o que avia mester, é jazendo en huuns prados entre o castelo que chaman Talaburgos é Avela, enn a ribeira do rio que chaman Charanta, alguuns dos cristianos chantaron suas lanças ante as tendas. E en outro dia manaana acharon as estar frolidas é con tona. E aquelos eran os que en aquela lide auian de reçeber marteiro por la creença de Deus. E deste miragre que viron eran moy ledos, e enton tallaron as lanças per fondo é juntaron densuun; é entraron primeramente enn a lide é mataron moytos mouros; é a açima foron y   —265→   moitos, é eran per conto quatro mill; é mataron y o caualo a Calrro, é Calrros sentiose moyto aficado con os mouros que eran moytos é muy vegeos, estando de pee, esforçándose con sua gente; é matóse y moytos mouros; é eles non o poderon sofrer, que estauan ja cansados da morte que fezeran enn os cristianos; e fogiron é acolléronse á a çidade enrredor, sacando a parte donde va o rio. E Aigulando con medo, desque foy noyte, fogió per lo rio; é Calrros quando o vió, foy apos eles é matou Rey d'agabila, é Rey de Bugia é outros moytos mouros á çerca de quatro mill.

9.-De commo Calrros ajuntou seu poderio de França

D'aquela Aigulando pasou os portos é as serras, ó foyse á Panpalona, é mandou dizer á Calrros que o atendese, que queria lidar con él. E quando o disseron á Calrros, volueuse á França, é á gran presa enviou á todo los seus á longe é presto que viesen á él. E mandou per toda França que todo los homes que eran metudos á seruiduem, que fossen liures é quitos, eles é seus fillos, é quantos deles viesen para sempre jamais. E mandou que dalí endeante os françeses non fosem seruos de ninhuna gente estraya, aqueles que fosen con él á liurar Espana do poder dos mouros. E todos aqueles que eran presos, mandó os soltar; é á os pobres mandoulles dar algo. E mandou vestir os que eran nuus. E meteu paz entre os que avian emezio. E os que estauan enxerdados dos seus lugares, volueos á elles con grande onrra. E os que eran escudeiros fézeos caualeiros, moyto onrados. E os de que auia sauna con dirto, é que deitara de si, perdooulles é, reçebéos en sua graça. E amigos é imigos, tanbés a seus commo estrayos todos los leuou consigo para entrar á Espana. E quantos Rex Calrros leuou para conquerir Espana, eu, Don Torpyn, por la graça de Deus, os beeygy é soltey de todos los pecados. E foron juntados con Calrros çento é quorenta á quatro mill omes de caualo para lidar con Aygolando. E os nomes dos mayores que yan con él son estes: Eu, Dom Torpin, arçibispo de   —266→   Reenes, por la mia preegaçon esforçaua ó poboo de nostro Señor para lidar con os mouros, e quitáuoos dos pecados é ajuntávoos quanto podia con as minas armas. E Don Rulan, fillo do Duc Millo d' Ingraterra, é de Berta, yrmaan de Rei Calrros que auia, moy jente; é era Conde de Mans é Señor de Blayas, con quatro mill de caualo. E Oliueros, conde de Jenes, caualleiro moy forte é muy sabedor de lidar; é feria moy ben d' espada; ó moy valente de manos, con tres mill. E Estultus, Conde de Lingruyo, é fillo do Conde Don Oudon, con tres mill. Arastiano, Rey de Bretana, con sete mill. Engenlero, duc daquitania, con quatro mill caualeiros que eran moy sabedores en armas, é mayormente en arquos é en saetas. Gaiferro, rei de Berdel, con tres mill; Gelero é Gelmo ó Salamon, conpanero de Stultus; Baldonin, yrmano de Rulan; Gondalboy, rei de Frisia, con sete mill caualeiros; Arnaldo de Belanda, con dous mill caualeiros; Raaman, Duc de Bayona, con dez mill caualeiros; Dugel, rei de Dacia, con dez mill caualeiros, que era omen que fez moytos boos feytos; Lanberto, príncipe de Bedes, con dous mill; Sanson, duc de Bregona, con dez mill caualeiros; Constantin, endeantado dos romaanos, con viinte mill caualeiros; Bernaldo de Monte aluan; Galter de Tremes, Gillen Garin, duc de Leorena, con quatro mill; Relo de Urgona; Bernaldo de Nable, Gaymar do Estramito; Theodorico, Ynorio, Beringel, ata Galaron que despois foy treedor. E tina Rey Calrros da sua terra incesme quoreenta inill caualeiros, é a jente de pee non avia conto. Estos de que vos disemos eran moy boos caualeyros de Jhesu cristo, é de moy gran nomeada en armas mais poderosos é mays fortes ca todos los outros do mundo, por que enno mundo era enxaltada a creença de Deus. E asi commo nostro Señor con doze apóstolos é diçípulos gaanou todo o mundo, asi Calrros, emperador de Roma, é Rey de França, gaanou con estos caualeiros a terra d' Espana, á a onra do nome de Deus. E enton juntáronse todos enn as lides de bordel, é cobrian toda a terra de ancho é de longo dous dias d'andura; é a cabo de seys logoas oyan a fala é roydo deles. E Belando pasou primeramente os portos de Ronçaules, é foyse á Ponpelona; é despois d'él o Conde Don Estulto, con sua jente; é desí, Rey Arastanon, é o Duc Angelleiro con os   —267→   seus; é despois el Rey Gondalboy con sua jente; ó desí Ougel, rey de Constantin, endeantado de Roma, con suas jentes; é despois Rey Calrros con toda a outra jente. E cobrian toda a terra, des lo río de Roma ata o monte que está a tres legoas de Panpelona, enn o camino françés. E poseron oyto dias en pasar os portos. E Calrros envióse dizer Aigolando que lle dese a vila de Panpelona en que estaua, que él a fortalezara moy ben de nouo, ou que foyse a lidar con él. E Aigolando entendeu que o non podia defender a vila, quisose ante sayr da vila a lidar con él ca morrer en ela desonrradamente. E envioulle dizer que lle dese prazo en que podese sayr con sua gente da vila para lidar con él. E quiria ante falar con él, porque o desejaua moyto á veer Calrros. E alí poseron tregoa entre sy.

10.-Commo lidaron os do Emperador sobre la creença

Calrros é Aigolando pois que ouveron trégoa entre sí, sayóse Aigolando con todo los seus da çidade, é paró os todos á cabo da vila, é foyse con saseenta caualeiros dos mellores para hu estaua Calrros con todo lo seus, a médea légoa d'y. E Calrros é Aigolando leixaron toda a sua jente en huun lugar moy chano, á cabo da vila, que ha en ancho é en longo tres légoas; é o camiño françes departe huun do outro. E enton diso Calrros: -Tú es Aigolando, que me tomaste a mina terra por enganno a terra d'Espana é Gascona que eu gaaney por la gracia de Deus, é metí en poder de cristianos, é os rieis dela torney á meu senorio. E despois que me eu voluí á França, mataste os cristianos de Deus que eu y metera, é destroyste as çidades é os castelos, é toda a terra metiste á terra á fogo. E desto sabe que eu ey gran pesar. E Aigolando quando vió que lle Rei Calrros falaua por lo aráueo, marauillouse moyto, é oube gran prazer. E Calrros apreendera a lingoajee dos mouros en Toledo, onde morara huuna peça quando era moço. E enton Aigolando responden é dísolle: -Rógote que me digas porqué a terra en que non as dreito, é en que nunca erdou teu padre, non ten avoo, non ten visavoo, nen foy nunca   —268→   do teu linageen, porque a tomaste á a gente da nosa lee. E Calrros diso: -Porque nostro Señor Jhesu cristo que fezo o ceo é a terra escolleu á nosa jente dos cristianos entre todo los outros é fezo a señor sobre toda las outras jentes do mundo. Eu por ende sempre torney quanto pude as da tua lee á a nosa. E Aigolando lle diso: Per boa fe, desagisada cousa he que a nosa lee obedesca á a tua; ca a nosa he mellor c'á a tua; ea nos auemos Mafomeet que foy mandadeiro de Deus, que nos él enviou, cujos mandado leemos, é avemos nostros ydalos que son moy poderosos, á que oramos é per que vyuemos é reynamos, que nos mostran as cousas an de vynir deste noso Santo Mafomeet. E Calrros lle respondeu: -Ay Aigulando! Coydas tú que non teemos nos os mandados de Deus? Sey çerto que non leemos nos os mandamentos vaanos do omen, mais nos creemos é oramos o padre é o Fillo é ó Spiritu Santo; é vos errades é creedes á os demoes que teedes en vosas omayas, que vos enganan. E per la creença que nos teemos, as nosas almas depois da morte, van á vida perduráuele, que he o parayso; é as nosas van á morte perduráuele que he o ynferno. E por esto ben paresce que a nosa leo he mellor que a tua. E por esta razon baptízate tú é tua gente, é escaparás a vida; se non, lida con migo é morrerás tú maa morte. -Non quira Deus, dise Aigolando, que eu reçeba baptismo é nego meu Señor Mafomet, que he poderoso de toda las cousas; mays eu é mia gente lidaremos con tigo por tal pleito que se a nosa fe mais apraz; á Deus que a nosa, que nos sejamos uençudos; é a parte que for vencida, fique sempre desonrrado; é a parte que vençer, aja onrra para sempre. E con todo esto, se a mia gente for vençuda é eu ficar bivo, quiero reçeber baptismo. E asy foy entre eles outorgada. E enton fezeron lidar en campo XX caualeiros dos cristianos con XX dos mouros por aquel pleito, é foron mortos todo los mouros; e depois XL por XL, é foron mortos todo los mouros. E outra vez lidaron çento por çento, é foron mortos os cristianos porque reçearon a morte é quiseron fugir. E esto da á entender á os cristianos que lidaron por la creença de Deus que por ninhuna gisa non deuen auolver rostro. E esí commo aqueles porque fogian morreron, así os cristianos deuen alidar fortemente contra os pecados; se se tiraren afora, morreran endes desonrradamente.   —269→   E aqueles que ben lidan contra os seus ijmigos de alma, que som os spíritus malinos que o fazen pecar, vencerlos an ligeyramente. Ondo dis o que entendemos que fou sant Paulo: Non coronauitur nisi ligitime certauerit. Que quer dizer: Non seeran coroados en os çeos se non o que en este mundo lidar con os seus peceados. Despois lidaron duzentos por duzentos, é foron mortos os mouros. E despois foron mill por mill, é foron mortos todo los mouros. E desí poseron ontre si trégoa. E foy Aigulando falar con Calrros, é dísolle é confirmou que era mellor a le dos crístianos que a dos mouros. E prometeu á o Emperador que se baptizaria en outro dia él é sua conpana. E desí volueuse para os seus, é diso á os Reys é príncipes que con él eran que reçebesen baptismo; é deles outorgaron e deles non.

11.-Commo Aygolando no quiso baptizar por los pobres mal veztidos

En outro dia, ora de terça poseron trégoa ontre sí é Aigolando foy á Calrros por razon de se baptizar, é achóo seer á comer á mesa; é achou con él outras moytas mesas aredor dél á que tyam Arcibispos é Bispos é moytos caualeiros é frades negros, é coengos regulantes é outros moytos omes vestidos de moytas gisas, é preguntós á Calrros por cada huun de les jente era. E él lle diso: -Aqueles que seen vestidos de huuna gisa é teen barretes todos de huuna color, son arçibispos ó bispos que nos ensinan os mandamentos da nosa lee, é nos quitan dos pecados, é nos dan á beeyçon de Deus. E aqueles que veedes do ábeto negro son abbades é monjes de mellor vida que aqueles outros, que sempre estan en oraçon, rogando á Deus por nos. E aqueles que veedes das sobrepelizes, chómanlles coengos regulantes que fazen vida de santos é disen oras é rogan á Deus por nos. E Aigolando vio seer á parte treze pobres moy catyuos é moi mal vestidos que non tinan toalla mesa, é tinan mal de comer é de beber; é preguntou qué omes eran. E Calrros diso: -Aqueles son homes mandadeiros de Deus á que mando dar de comer cada dia por amor de Deus é dos doze apóstolos. E Aigolando lle diso: -Aquesten que seen cabo tí   —270→   seen moy to onrrados é ben vestidos, é aqueles que tú dizes que som mandadeiros de Deus seen longe de tí é mal pensados é mal vestidos é morren de fame. E sabe que quien mal sirue seu señor, gran vergonça lle faz o que os seus mandadeiros tan mal pensan. E a tua lee que tu dizias que era boa, ora das a entender que he maa. E entou se partió dél é non se quis baptizar; é foyse para os seus. E entendeu Calrros que por los pobres que vió Aigolando seer mal pensados se leixara de baptizar; é mandoulles dalí en deante dar moy ben de vestir é pensar deles moy ben. E os que lle non fazen ben por Deus, commo oyran á sua voz espantosa enno dia do juyzo en que dirá así: Partídeuos de min, malaventurados, é ydeuos para o fogo do inferno, ca me vistes aver fame é non me [destes] de comer; é vistes me aver sed, ey non me destes de beber. E sabede que a lee é a creença de Deus pouco val enno cristiano se non faz as obras; que diz San Paulo, que commo o corpo sen alma he morta, asi he morta a creença son boas obras. E por esto se leixou Aigulando de baptizar, porque non vió á Calrros fazer ben, nen obras do baptismo; é así me temo que os que non fezeren boas obras, que sejan engeytados de Nostro Señor ao dia do juyzo.

12.-Commo Aigulando foy morto é os mouros vençudos

A batalla outorgada d'anbla las partes, en autro dia armáronse todos para lidar sobre lo feito da lee qual era mellor. E os que Calrros tina eran çento é triinta é quatro mill de caualo; é os de Aigulando eran çen vezes mill. E os cristianos fezeron de á quatro azes, e os mouros çinque. E a primeira aze dos mouros començou primeiramente a batalla é foy vençuda. E desí huna peça dos mouros quiseron acorrer á aquelles, é foron vençudos. E despois que os mouros viron que se os seus vençian, juntaronse todos é meteron entre si Aigulando. E os cristianos quando aquelo viron çercaron á os todos en rredor, é da huna parte çercó os Arnaldo de Belanda con sua jente, é da outra parte o Conde Estultos con á sua; é da outra Arastiano con a sua conpana; é da outra parte Rey Gundalboy con á sua; é da outra Ougel; é da outra Costantin   —271→   con sua jente; é da outra Rei Calrros con a sua jente sen conto. E o primeiro omne que ferió en eles, fui Arnaldo de Belanda con os seus; é entrou por eles, dando moi grandes golpes enn os mouros á destro é á seestro ata que chegou onde estaua Aigolando, é matóo logo alí con huna espada. E foy enton moy gran rroydo. E os cristianos cometéronnos moy fortemente duun cabo é do outro en gisa que os mataron todos. E tanto era o sangue dos mouros que y morreron, que nadauan os caualos en él ata as çinllas, Saluo ficaron a vida Rei Almoçor de Córdoua, é Rei de Seuilla que fogiron d'y con poucos. E mataron todos los mouros que acharon enna vila de Panpelona. E Calrros lidou con Aigolando sobre la nosa creença é matóo. E por esto ben se paresçe é he cousa firme que á lee dos cristianos he mellor ca toda las outras lees santas no mundo. E per la sua vondade os que á ben teen, som onrrados enn o parayso sobre las órdenes dos ángeos. E todo cristiano que creuer ben é firmemente de coraçon é fezer boas obras, en quanto poder, verdaderamente seerá sobre los reynos dos ceos con Jhesucristo, que he cabeça de que os cristianos son nenbros. E despois Calrros, moy ledo da lide que vençera, juntou, á si sua jente é foyse á Monte d'arga, que he enno camino de Santiago, é pousou y. E alguuns dos cristianos, con cobiiça do auer dos que morreran enna lide, volueron alí de noyte, non o sabendo Calrros, é carregándose do ouro é de prata é d'outras moytas requezas; é en voluendo para a oste, Almoçor, Rey de Cordoua, que jazia con outros moytos mouros que fogíran da lide, ascondudos enno monte, sayó á eles, é matéos todos, que non ficou ninhuun. E foron per conto mill cristianos. E en esto deuemos á entender que así commo aqueles desque vençeron os seus imigos é os mataron, con cobiiça voluéran por lo auer deles, é foran por ende mortos á manos dos ymigos, así ó cristiano que maenfesta os seus pecados é filla deles peedença, non deue depois tornar á eles; ea se á eles voluer, seerá morto per lo ymigo da alma, que he o demo; é así commo aquelles que volueron á roubar perderon a vida deste mundo é reçeberon morte desonrrada, así os omes d'ordeen que leixan o mundo por amor de Dexis, se despois á as cousas do mundo volueren, perderán a vida perduráuele é ganarán o inferno que he por sempre jamais sem fym.

  —272→  

13.-Da batalla de Furro onde apareçeron as cruces uermellas

En outro dia diseron á Calrros que o señor da Nauara que chaman Furro, que estaua en monte garsin é queria lidar con él. E Calrros foy logo alá, é en outra dia é príncipe Furro gisouse de lidar con él; é ende, véspera que avian de Udar, rogou Calrros á Deus que lle mostrase quaes eran os que avian de morrer en aquela lide. E en outro dia desque foron todos os cristianos armados, apareçen a aqueles que avian de morrer sobre las lorigas detras enn os ombros cruzes uermellas. E quando o vió Calrros, entendeu que aqueles eran os que avian de morrer na lide se y entrasen. E çarráronnos todos en huun lugar onde lle dizian a misa, por non morreren en aquela batalla. E porque ninhun non pode toller o juyzo de Deus, nen os seus feitos, despois que a lide foy vençuda é morto o prínçipe Furro con tres mill mouros, volueu Rei Calrros á aqueles que leixara ençarrados é achóos todos mortos; é eran per conto çento e çinquoeenta cristianos. E aqueles santos lidadores pero escaparon da lide dos mouros, non leixaron por ende de reçeber marteiro por la voontade de Deus. E despois tomou Calrros ó Castelo de monte Garsim é toda a terra de Nauarra, é metéoa so seu señorio.

14.-Commo Rulan lidou con Ferragudo o gigante, é commo o matou

Despois que Calrros vençeu a batalla, chegou mandado á Calrros que chegara á Nágera huun gigante da linageen de Golias, que auia nome Ferragudo, é era de terra de Siria, é enviárao Mirando, Señor de Babilonia, con viinte mill turquos para lidar con Calrros. E aquel gigante non tenia lança nen seeta, é avia força de XL omes arrizados. E Calrros quando o soubo, foyse alá logo, é Ferragudo quando o vió sayó a él é demandou se auia y quien lidase huun por huun. E Calrros   —273→   enviou á él Ougel. E o gigante quando o vió soo enno campo, foy para él moy manso, é lançou en él a mano destra é tomóo con todas suas armas; é leuóo así commo ovella para huun castelo, viendo todos. E o gigante auia doze cóuedos en longo, é huun cóuedo enno rostro, é huun palmo enno nariz; é enn os braços é enn as pernas quatro cóuedos; é ennos dédedos tres palmos. E Calrros quando esto vió, enviou Arnaldo de Monte aluan que lidase con él. E o gigante leuóo ao castelo, commo fezera á outro. E despois enviáronlle Coostantin, endeantado de Roma é o Coonde do Allo; é él tomou huun con a mano destra, é outro con a siestra, é leuóos ao castelo. Así que lle enviaron viinte caualeiros, dous é dous, é fézolles así commo aqueles outros, é destóos todos en prijon. E Calrros quando esto vió, marauillouse moy to, é non ousou de enbiar outros que lidasen con él. E enton Rulan gaanou liçencia do Enperador para yr lidar con él; é él doulla moy to deenuidos. E despois foyse contra o gigante; é o gigante lançou en él a mano, é póseo ante sí enno caualo, é foyse con él para o castelo. E Rulan esforçouse moy ben é fillou fiuza en Deus, é tomóo por la barba, é torçeo enn a sela, é caeron anbos en terra, é leuantaronse muyto ajina, é acolléronse á os caualos. E Rulan meteu mano á espada, é en coydando de matar, marróo é doulle enn o caualo, é partío per meo. E Ferragudo estando de pee, ameaçáuoo moy to con a espada; é Rulan doulle con a sua enno braço, en que tina a espada, é non lle tallou, mais derriboulle a espada. Ferragudo desque a perdeu, coudou á matar Rulan, e çarrou o punno é doulle con él enn a cabeça do caualo, é matoullo. E lidaron de pee sen espadas ata ora de noa, ferríndose das pedras é aos punos. E desque foy ora de véspera, demandou trégoa Ferragudo á Rulan, é foyse para seu castelo. E poseron entre sí que se chegasen en outro dia á lidar sen caualos é sea lanças. E esto outorgado, uolueuse Rulan para os seus. E en outro dia de gran manana chegáronse anbos á o campo, segundo que prometeran. Pero que Ferragudo leuou a espada, mais non lle prestou nada. E Rulan leuaua na mano huun muy boo paao retorto commo cajado, con que dou a él todo o dia moy grandes feridas, mais non lle enpesçia nada. E dáualle oturosí con moy, boas pedras redondas é rregeas, de que jazian moytas enn canpo.   —274→   E así lidou con él ata o meo dia; non se poderon enpeesçer, E depois poseron entro sí trégoa, et Ferragudo oube é deitouse á dormir. E Rulan que era caualeiro mançebo, moy to ensinado, sopósolle huna pedra su a cabeça, que dormise mais folgado. E en quanto dormia, Rulan nen outro non o ousaron de matar, ca avian tal custume, desque avian trégoa non ferian o cristiano ao mouro, nen o monro ao cristiano; ca aquel que a virtaua, logo seria morto. E Ferragudo desque dormió asaz, espertouse; é asentonse Rulan cabo dél, é preguntoulle commo era tan forte é tan rregeo que lle non enpeuçia espada nen pedra, nen paao. E o gigante lle diso: -Sabe que por min non entra ferro se non por lo ynbrigo. E él falaua o lyngoajeen de Espana en gisa que o entendia moy ben Rulan. E o gigante començou de o catar; é preguntoulle commo auia nome. E él diso que auia nome Rulan. E él diso: -¿De qué linageon es que tan regeo é tan forte es en armas? E Rulan respondeu: -Nos somos da linageen dos françeses. E Ferragudo lle diso: -Os françeses ¿qué lee teen? E Rulan respondeu: -Nos, per la graça de Deus somos cristianos é obedeçemos á os mandamientos de Jhesu cristo, é lidamos pla sua creença quanto podemos. E o gigante quando lle oyó ementar o nome de Jhesu cristo, diso: -¿Quien he ese Cristo por que tú crees? E Rulan lle diso: -He fillo de Deus Padre, é da Virgeen Santa Maria, é foy morto enn a cruz, é soterrado enn o moymento, é quebrantou os ynfernos; a o terçer dia resurgió: é desí foyse á os çeos, hu se á a destra parte de son padre. E Ferragudo dise: Nos creemos que o Deus que fezo o çeo é a terra he huun, é non ouve padre nen fillo. E así commo él non naçeu de ningen, así non naçeu outro dél. E así non he tres Deus, mais huun. -Verdade dizes, diso Rulan, que él he huun; mais enn o que dizes que non son tres, en esto erras; ca se crees enn o Padre, cree enn o Fillo enn o Spíritu Santo; ca o Deus que he Padre he Fillo é Spíritu Santo. E pero he huun Deus que he en sí tres persoas. E Ferragudo diso: -Se tu dizes que o Padre he Deus, é o Fillo he Deus, é o Spiritu Santo he Deus, tres Deus son logo; o que non pode seer que y aja tres Deus. -No, diso Rulan, mais tres pesoas en huun Deus. Digo en que él he huun é ha en sí tres pesoas. E foron é son é seeran para sempre   —275→   yguaaes. E qual he o Padre, tal he o Fillo, é tal he o Spíritu Santo. E os ángeos enn o çeo obedesçen é onrran á huun Deus en tres pesoas. E Abraan vió tres é adorou huun. E o gigante lle diso: -Esto me demostra tú, cómmo tres pode seer huun. E Rulan lle diso: -Eu che direy é mostrarey por criaturas vmanaas é por cousas do mundo. Así commo enn a çítola quando a tanjen ha tres cousas: arte é a corda é a mano con que a tanjen, pero he huna çítola, así en Deus son tres cousas: Padre é Fillo é Spiritu Santo; é pero he huun Deus. E así commo enn o sol som tres cousas: o esplandeçemento é a craridade é a caentura, é pero he huun sol; é así commo enn a almendra son tres cousas: a cortiça de çima é a casca, é a vianda de dentro, é he huna almendra; é enn a roda do carro son tres cousas: o madeiro de meogo e os braços é a redondeça, é pero he huna roda. En tí meesme ha tres cousas: o corpo é os nenbros é a alma; é pero huun ome es. Así en Deus ha tres pesoas que he a Treydade, é pero huun Deus he. E Ferragudo diso: -Ora entendo que pode seer tres pesoas en huun Deus; mais commo o Padre ouve Fillo, esto non entendo. ¿Crees tú, diso Rulan, que fezo Deus Adam? Creo, dise Ferragudo. En qual manera, diso Rulan, non naçeu de ningen, é pero ouve fillos, así Deus Padre non foy nado de ningen, é pero geerou fillo de sí meesme por la sua santidade ante todo los tenpos, así commo a él aprouve. Praz me, diso Ferragudo, do que dizes; mais ¿en quál manera se faz ome do que era Deus? -Esto non sey, diso Rulan. Aquel que criou o çeo é a terra, fez da Virgeen fillar carne sen conçebemento de ome, por lo seu santo espartimento. Esto non poso entender, diso o gigante, en qual gisa podese él naçer do ventre da virgeen sen semente de outro ome, segundo tu afirmas. E Rulan lle diso: -Deus que sen semente d'outro ome formou Adam, ese fez o seu Fillo naçer do ventre da virgen sen semente d'outro ome. E así commo él naçeu de Deus Padre sen madre, así naçeu feito omne da madre son padre. E atal naçença perteesçe á Deus. Por gran cousa, diso o gigante, ¿cómmo a virgeen ouve fillo son home? Diso Rulan: Aquel que enn as fauas faz naçer os gurgullos, é enn as áruores os vermees, sen ayuda de ningen, é os peixes é as abellas é moytas serpentes son conçebemento de macho, é faz delas fazer criança, ese faz da   —276→   virgen Deus é ome naçer, ficando salua sua virgindade sen semente de home. E aquel que o primeiro omne, segon ja dixe, fez naçer sen conçebemento d'outro ome, ligeiramente pode fazer naçer o seu fillo que fose home é que naçese do ventre da virgeen sen semente d'outro omne. Bem pode seer, diso Ferragudo, naçeu da virgeen; mais se foy fillo de Deus, por ninhuna gisa non poderia morrer; ca Deus nunca morrera. Ben diseite, diso Rulan, que pode naçer da virgeen é que naçeu commo omne, é prendeu morte commo omne; ca todo aquel que naçe, morre. E se he de creer a naçença, así he de creer a morte é a rresureyçon. ¿Cómmo he de creer que resurgió?, dixo Ferragudo. Porque, diso, Rulan, él naçeu é morreu é resurgeu áo terçer dia. E Ferragudo diso á Rulan, quando esto oyó. ¿Porqué me dizes atantas paráuoas vanas? Ca cousa he que non pode seer que o omne morto torne bivo depois. Diso Rulan:-Non foy soo o fillo de Deus que resurgió d'outre os mortos, mais verdadeiramente todo los omes que foron des o començo do mundo e que an de seer d'aquí andeante an de resurgir depois da fim, é yran ao dia do juyzo ante a sua cadira oyr sentença para reçeber galardom do ben é do mal que fezeron. E Deus de moy pequena áruore faz moy grande moy to alta. E do graano do triigo que jaz sequo é podre so a terra, faz enuerdeçer é creçer é dar froyto, e se tornan todos homnes en sua carne meesme. E enno seu spiritu viuos ao dia do...

Fáltale aquí al original una hoja, que fué rasgada. Contenía el remate de este capítulo y el principio del siguiente 15, descriptivo de la victoria legendaria, que reportó Carlomagno contra Almanzor, rey de Córdoba é Ibrahím, de Sevilla.

que tangian moy fortemente. E a as vozes delas é a os toes das canpaynas, é ante semeldune das carantonas, que eran moy feas, espantáronse os caualos dos caualeiros de Calrros, é començaron de fogir con gran medo, ataes commo á seeta. E os caualos por ninhuna gisa non os podian tener. E as duas azes dos cristianos, quando viron fogir a primeira, començaron todos de fogir. E enton os mouros con gran prazer foron depos eles, ata que os cristianos   —277→   chegaron a huun monte que estaua duas legoas da vila227. E os mouros ajuntáronse todos. E os cristianos quando aquelo viron, ouveron consello ontre sí de os agardar é de lidar con eles. E os mouros fastáronse ja quanto a afora. E os cristianos ficaron alí suas azes é maseron alí. E en outro día ouveron consello Calrros con os seus caualeiros; é mandou enbrullar as cabeças dos caualos de lenços, é encher as orellas de dentro de panos, que non podesen veer as carantonas, nen oyr as vozes das canpaynas. E despois que os caualeiros ouveron esto feito, volueron os cristianos todos á lide moy to esforçadamente. E teendo moy to eu pouco o enganos dos mouros, é lidaron con eles moy fortemente de la manana, ata o meo dia, é mataron moytos deles, é pero non os poderon vençer. E os mouros estauan todos ajuntados é tinan ontre sí huuna carreta a que andauan moytos boys; é sobre ela andaua huun pendon vermello. E auian ontre sí de custume que ninhun non fogise en quanto o visen andar alçado. E Rei Calrros entendeo, é commo estaua armado de moy boa loriga, é de moy boo elmo, é con moy boa espada, é complido de graça de Deus, que era con él, entrou ontre as azes dos mouros, dando moy grandes feridas a destro é seestro, matando moytos deles, ata que chegou onde estaua a carreta. E dou con a espada enn a aste en que estaua o pendon; é cortóo. E logo todo los mouros començaron de fogir d' uun cabo é do outro. E alí foron todos os cristianos, é os mouros juntos. E Almoçor, Rei de Cordoua, fogio con dous mill, é acolleuse á a vila. E en outro dia Calrros foy sobre él, é Almeçor sentiose apoucado da jent, é doulle a vila. E despoys Calrros doua á él por tal pleyto que se tornase cristiano é lle obedeçese con ela é tenesea d'alí endeante. E despoys desto Calrros don as terras é prouincias de Espana aos caualeiros é jentes que andauan con él. E dou logo aquela terra aos que se pagaron de en ela ficar. E dou terra de Nauara é dos bazquos aos de Bretana, é terra de Castela aos françeses; é terra de Nauara é Saragoça aos gegos228 é aos de Pula; é terra dArangon aos de Pitheus; é terra d'Andaluzia, que he cabo do mar aos Alemaans, é   —278→   terra de Portugal aos de Daçia é de Frandes; é os françeses non quiseron pobrar en Galiza porque lles pareçeu terra montanosa é braua. D'alí endeante non foy ninhuun que ousase fazer gerra en Espana contra Calrros.

16.-Commo Turpino sagrou a Iglesia de Santiago

Poys que Calrros leixou os Prínçipes e os que eran mayoraos en Espana, foyse á Santiago en romaría, é os ereges que achou en aquela terra tornóos á a creença de Deus, é os que leixara á a lee dos cristianos, é se tornaran á a dos mouros, os huuns matou, é os outros enuiou á França, é d'alguas vilas fez bispados é meteu y coengos é clérigos; é fez consello enn á çidade de Santiago, é por consello dos bispos d'Espana, é dos Principes que y eran, por amor de Santiago estabeleçeu que todos los Rex é Prínçipes d' Espana é de Galiza, atanben os que enton eran commo os que auian de viiuir, obedeçesen ao bispo de Santiago. E en Padron nonguis fazer bispo, que a non contaua por vila, é mandou que fose sojeita á a iglesia de Santiago. E enton eu Turpyn, arçibispo de Reens, sagrey moy to onrradamente a iglesia de Santiago por mandado do Emperador Calrros, con LX bispos. E sugugou o Emperador á a iglesia de Santiago toda a terra de Espana é de Galiza, é mandou que lle desen cada anno de quantos y ouuese para sempre, quatro dineiros; é que fosen por ende quitos de toda outra seruidumbre, é estabeleçeu en aquel dia que d'alí endeante a iglesia de Santiago fose chamada apostolical, porque jaz o corpo apóstolo. E todo los bispos d' Espana fezesen y conçello moy to ameúde; é que todo los Reys d'Espana reçebesen as coroas dos reynos da mano do bispo d'y, é todo los bispos d'Espana trouxesen os bágoos. E se per pecados en alguas vias é lugares mingoase a creença de Deus, que fose coreita per lo bispo de Santiago. E gran dreito he de se corre-er en aquela iglesia a creença, que así commo por San Johan auangelista, yrmano de Santiago, enna parte d'ouriente foy feyta en Efeso iglesia apostolical é enxaltada á creença de nuestro Senor, así por Santiago, seu yrmano enna parte d'ouçidente en Galiza, onde jaz o seu corpo, he   —279→   feita iglesia apostolical é exaltada a creença de Jhesu cristo. E aquestas som duas iglesias: en Efeso, que enna destra parte de Jhesu cristo, enno reyno temporal; é Conpostela, que he a aseestra; que destes dous yrmanos acaesçeron quando os apóstolos partiron ontre sí as prouinçias do mundo para preegar a creença de Deus, porque eles pidíran á Jhesu cristo que huun seuese a sua parte enno seu reino, é o outro a seestra. Tres iglesias apostolicaes é príncipes ontre toda las outras som enno mundo, que os cristianos acustuman á aonrrar por los mereçementos dos santos que en elas som, mais que toda las outras. A iglesia de Roma de Santiago é a de San Johan en Efeso. E así commo nostro escoleu tres apóstolos ontre todo los outros, San Pedro, Santiago, San Johan, para lles mostrar a suas puridades, segon diz á ennos Avangéos, así as iglesias deles fez mais onrradas enno mundo ontre toda las outras; é con direito estas son prinçipaes, que assí commo estes apóstolos pasaron todo los outros en graça é en onrra, asi aqueles lugares en que eles preegaron, hu jazen os seus corpos, deuen seer mais onrrados de direito ca todo los outros do mundo. E con direito a iglesia de Roma he primeiramente mais onrrada, porque a sagrou é onrrou San Pedro, príncipe dos apóstolos per a sua preegaçon, é per lo sea sange que y espargeu quando o mataron, é per lo suo corpo que y jaz; é a outra mais onrrada he a de Santiago, porque ontre todo los apostolos foy mais onrrado en dygnidade é en onestidade apos San Pedro; é he priuado ontre todos los outros apóstolos porque reçebeu primeiramente marteyro ca eles, é foy coroa enna iglesia de nostro Señor. E por esto a sua iglesia he moy to onrrada porque a tornou creença per sua preegaçon, é a sagrou soterrando y o seu corpo santo, é ayuda agora é onrra moy to per moytos miragres que y fez son conto. E a terçeyra iglesia apos estas, mais onrrada he a de Efeso, porque San Johan auangelista diso en ela ante todo los bispos que él fezera por las outras çidades que y eran ajuntados, á que él chamaua ánjeos enn o apocalise, primeiramente no auangéo: In principio erat uerbum; é porque a consagrou con sua pregaçon é con moytos miragres, é fez y sepultura para o seu corpo; é se alguuns juyzos de Deus ou dos homes foren maos de entender en alguuna gisa, é os non poderen defiinçer ennas outras iglesias   —280→   do mundo, de dereito en estas tres iglesias se deuen de razoar é defiinçer. E así en aquel tempo fui Galiza liurada do señorio dos mouros per la virtude de Deus é de Santiago, é per la ajuda de Calrros. E despois foy sempre onrrada ata este presente dia, enna creença de Deus.

17.-Cómmo é en qué manera era feyto o Emperador Calrros, é commo o gardauan de noyte é de dya os vasalos

Rey Calrros auia os cauelos brauns é a faze uermella, é auia o corpo moy ben feito é de boo estado; é a catadura braua; é auia on longo doze pees dos seus, que eran moy longos; é era moy to arizado é moy regeo, é moy sabedor en armas. E auia enn o rostro huun palmo é meo en longo, é enna barua huun palmo; é enn o nariz huun meo palmo; é enna testa huun palmo é pouquo mais; é os ollos semellauan de leon; é esplandecia commo a pedra carbúncula; é avia huun meo palmo eun as sobrecellas; é era sanudo; e quien quier que él cataua, auia del medo. E enna çinta que él tragia aredor, avia oyto palmos, sen aquela que se depondoraua de la fíuela á fondo. E ao jantar comia pouco pan, é comia huun carto de carnero ou duas galinas, ou huna pata ou huna perna de porquo, ou huun poo, o una grua ou huna lébore. E bebia pouquo vyno é moy to agoado. E era atan arrizado, que o caualeyro estando armado sobre seu caualo, de huna ferida, que lle daua con a espada, por çima da cabeça atravesava él e o caualo de huna ferida. E estendia con as manos ligeramente quatro ferraduras de caualo, é ergia moy to agina huun caualeiro armado que lle sobise en terra enn a palma, alto ençima ata a cabeça, sen ajuda da outra mano. E era moy fran en seus donos, e era moy dreyto en seus juyzos, é de moy boa paráuoa. E qvatro vezes enno anno fazia en España Cortes; por Natal, por Pascoa, por Pentecoste, por Santiago; E poyna coroa qual pareesçia á Rey, é tina enna mano o seutro. E ante a sua Cadira tínanlle huna espada nua, sogon fazen á Enperador. E en redor dél cada noyte veláuano çento é viinte caualeiros moy   —281→   boos: quoreenta á terça da noyte; dez á a cabeça é dez a os pees, é dez á a destra parte, é dez á a sestra. E tras cada huun deles huuna espada nua enna mano destra; é huna candea açesa enna siestra. E así os quoreenta á otra terça. E asi os outros quoreenta outra terça ata o dia, mentre os outros dormian. Mays os grandes feitos que él fazia seerian maos de contar á quantos se pagarian de oyr em commo él morou en Toledo é commo él matou na lide Rei Breymante por amor de Rey Galafre de Toledo, cujo enemigo él era. E commo conquereu moytas terras é moytas prouinçias per suas armas e as meteu á a creença de Deus. E en commo fez moytas abbadias é moytas iglesias per lo mundo; é en commo as enrequintou: é en commo tirou moytos corpos de Santos que jazian soterrados en terra, é os meteu en moymentos d'ouro é de prata: é en commo foy Enperador de Roma; é en commo foy á o sepulcro de Jhersusalem; é en commo trouxe o leño da cruz de Jhesu Cristo é o partió per moytas iglesias. E ante cansaria a mano é a penna dos grandes feytos del a quien os todos quisese escripuir: pero que vos diremos, desque liurou a Espana dos poderes dos mouros, en commo se tornou para França; e en commo lle mataron Rulan, e os outros caualeiros enna lide de Roçauales.

18.-Da batalla de Roçauales, é da morte de Rulan é dos outros lidadores

Despois que Calrros gaanou toda Espana é a onrra de Deus é do apóstolo Santiago, sayndose ja de España, chegou á Panpelona con sua oste; é enton morauan en Saragoça dous Rex mouros de Persia, Marsil é Belmengando; é viároos a Mirando229, Señor da Babilonia, á Espanna, é els obedesçian a Calrros é seruian de moy boa mente en toda las cousas, segon desmostrauan. E o Emperador envioulles dizer per Galaron que se baptizasen ou le desen tributo: é eles enviáronlle triinta caualos carregados d'ouro   —282→   é de prata é d'outras doas d' Espanna. E enviáronas outros prínçipes é caualeiros trezentos caualos carregados de moy boo vino, e mill mouras moy fremosas de que fezesen sua voontade. E en poridade diseron á Galaron a treyçon, é déronlle viinte caualos carregados d' ouro é de prata é de vesteduras, que lles gisase tanto que podesen matar os caualeiros á Calrros. E él así o outorgou, é reçebeu o aver. E afirmada así a treyçon ontre os mouros é Galaron, foyse Galaron á Calrros, é presentoulle o aver quelle eles enviauan; é dísolle que Marfil queria seer cristiano, e que se gisaua de camino para se yr á França para se baptizar, é que dalí endeante queria por él teer a terra d' Espana. E os mayores caualeiros é mellores de Calrros non quiseron tomar senon o vino que lles él tragia. E os outros caualeiros que non eran tan boos, tomaron as mouras. E Rei Calrros, creéndose enn o que lle dizia Galaron, gisou de pasar os portos de Roçauales, é volueuse para França; é por consello de Galaron mandou á Rulan, seu sobrino, Conde de Maans é Señor de Blayns; é Oliueros, Conde de Jenes, con outros caualeiros mellores, é con viinte mil cristianos, que ficasen en Roçauales á gardar a çaga ata que él pasase os portos con toda a outra jente. E eles así o fezeron. E porque nenas noytes que pasáran alguuns dos que se enbebedentáran do viino quelles enviáran os mouros, é fezéran pecado con as mouras é con as outras molleres que tragian de França, quis Deus que morresen alí. E en quanto Calrros é Galaron é a Arçibispo Don Torpin pasaron os portos con outros viinte mill, é Rulan é Oliueros gardauan á çaga de Roçauales, apareçeron moy çedo de manana Marsil é Belmegando con cinquoeenta mill mouros; é sayan os montes á das deuesas onde jouveran ascondidos dous dias é duas noytes por mandado de Galaron. E fezeron desí duas manadas; huna de viinte mill, é a outra de triinta mill. E a dos viinte mill veon primeiramente ferir sobre los cristianos; é os cristianos volueron a eles é lidaron desla mañana ata ora de terça; é mataron todo los mouros, que non ficou deles ninhun. E eles estando cansados da lide que ouveran, os outros XXX mill mouros vieron sobre eles é mataron todo los cristianos que non ficou deles ninhuun, senon pouquos que non fosen huuns chagados, e os outros degolados, é outros grandes feeridas de lanças; é cortos con segures,   —283→   é outros chagados con seetas é con dardos; é outros esfolauan con coytelos, é os outros queymauan en fogo, e os outros enforcauan. E foron y mortos todo los mellores caualeiros de Calrros, saluo Rulan é Baldouin, é Turpin, é Tédriquo, é Galaron. Baldouin é Tédriquo espargéronse perlo monte é ascondéronse, é por eso goriron. E enton os mouros andaron depos eles é non os poderon achar, é voluéronse huuna légoa contra onde, vieran. E agora déuesnos preguntar porqué nuestro Señor leixou matar os que non pecaron con as mouras, nen se enbebedentaran con aqueles que o fezeran. E esto foy porque nostro Señor non quis que voluesen para sua terra, porque non fezesen outros pecados é outras maas cousas, porque perdeesen as almas. E por lles dar marteyro que alí reçeberon gloria perduráuele. E aqueles que pecaran quis que morresen alí enn o son seruiço por lles perdoar os pecados por aquela morte que y reçeberon. E non deuen á dizer que Deus piadoso non da galardon aos homes por los traballos que por él reçeben en este mundo, á aqueles que confesam os seus pecados é fillam deles piadença; ca eles, commo quier que pecasen, quiseron morrer por lo seu amor, é por ende son enn a gloria do parayso. E por esto quando alguuns foren para lidar, non deuen alleuar moller ninhuna consigo. E porque Darío é Antonio, que eran Prínçipes moy poderosos deste mundo leuaron sigo as molleres ennas lides que avian, foron ambos vençudos; Dario por Aleixandre, Antonio por lo Emperador Ocaciiano (sic) Agusto. E por tanto as non deuen ningen aleuar aló, ca som enbargo do corpo é da alma; é aqueles que son bebedos é fornigadores senifican os clérigos de misa é os omes d'ordeen que deuen a lidar contra os pecados, é non lles conuen de se enbebedencar en nen auer molleres; é se o fezeren, seeran presos de seus iimigos, que son os demoes, é á açima seeran mortos de maa morte. E despoya que a lide foy acabada segon avedes oydo, Rulan estando senllos230, começou á catar contra os mouros, e estaua deles moyto alongado, e achou huun mouro moy negro; é jazia cansado, ascondudo enn o monte da lide en que fora, é   —284→   prendeo é legoo moy fortemente a huuna áruore con quatro pértegas, é leixoo y legado, é sobió en hun monte, é parou mentes aos mouros, é vió que eran moytos, é tornou se camino de Roçauales por onde yan os que querian pasar para hu era Rei Calrros. E alí começou á tanjer huun corno que tragía dalmafí. E acerqua de çen cristianos que jazian ascoududos per los montes pois que oyron a voz de corno, fóronse todos para él, é con aqueles çen cristianos volueuse alí onde leixara o mouro preso, é soltoo, é alçou a espada sobre a cabeça del, é dísolle: -Se comigo fores é me mostrares Marsil, leyxartey viuo; senon, sabe que te matarey. Ca Rulan non conoçia ayuda Marsil. E enton foyse o mouro con él, é mostroullo ontre huna conpana de mouros que estaua a longe; é tinau huun caualo roan é tina huna adágara redonda; é enton Rulan leixou o mouro, é esforçándose enna merçee de Deus, foyse moy biuamente coutra os mouros con aqueles çen cristianos que yan con él, é ferió en eles; é vió estar huun que era mayor do corpo ca todo los outros, é doulle huna ferida con a espada, é cortoo, é o caualo per meo, así que huna parte do mouro é do caualo caeu á a destra parte, é a outra a seestra. E os autros mouros quando aquelo viron, começaron de fugir é leixaron á Marsil enno canpo con pouquos. E logo, esforcado per la virtude de Deus, entrou ontre aquelas azes d'aqueles mouros, dando moy grandes golpes á destro é á siestro é á dirribar é matar deles moytos; é foyse apos Marsil que ya fogindo, é per la graça de Deus matoo ontre os outros. E en aquela lide os çen cristianos que foron con Rulan, todos foron mortos. E Rulan escapou con quatro lançadas de lanças moy grandes é outras moytas feridas de dardos é de porras é de pedras. Belingando, desque soubo que Rei Marsil era morto con outros mouros, fogio d'y é foyse. E Tédriquo é Baldouin ficaron enn o monte ascondudos commo vos disemos. E outros cristianos chagados jazian enn as deuesas, é outros pasauan os portos para hu era Rei Calrros. E Calrros pasara ja os portos con todo los seus, é non sabia nin migallo do que fora feito. E enton Rulan moy cansado das chagas é da lide en que fora, é con gran pesar dos Prínçipes é caualeiros que alí morreran, é coydando ennas feridas que tragia, foyse yndo per los montes senllos, é chegou ao pee do monte   —285→   de Roçauales, é alí deçen do caualo en huun prado moy boo, cabo de huun penedo de mármore, so huna áruore que y estaua, é tragia aynda huna sua espada que era moy fremosa, é moy forte d'agume, é moy clara é moy luzente, é auia nom Durandás: e Durandás tanto quer dizer duros golpes con ela da; ou duramente con ele fere os mouros; ca por ninhuna gisa non pode quebrar, é ante faleçera o braço que a espada. E enton tiroa Rulan da bayna, é catoa, é començou de chorar é dizer: -¡Ay espada moy fremosa, que nunca foy suzia nen ferrugeenta, mais sempre foy fremosa é clara é conueníuele d'ancho é de longo; mais forte é mais firme ca toda las outras! O mango tenes dalmafí, moy branquo é feito en gisa de cruz con moy fremosa arays dourada é con moy boa mançana duorada de beril, no magaron. E en ty as scripto o gran nome de Deus Alpha, é o teu moy boo agume he çercado da virtude de Deus. Quién usar d'aqui endeante da tua fortoleza, ou quien te averá, en quien te terrá? Quién te teuer nunca seerá vençido, nen seerá espantado d'outra cousa contraria; ca sempre seerá conplido da ajuda é graça de Deus. Por ty foy destroyda moyta jente dos mouros; e moyta maa jente morta, perfiosa. Por ty a ley de Jhesucristo he enxaltada; é a loor é gloria de Deus por ty he enxaltada. ¡Ay quantas vegadas per tí vingey o samgre, do meu Señor Jhesu Cristo! ¡Quantos ymigos contigo matey! E quantos mouros é judeos contigo maté, por enxaltar é loar a creença! Contigo destroy na justiça de Deus, por tí, moytos pees é moytas maanos de ladrones. ¡Ay espada moy ben auenturada é moy prestes de agume, que nunca ouve outra semelláuele desí nen ha de veer! O que te labrou, ante nen despois nunca outra tal fezo; nunca omne de ti foy chagado que podese escapar, ¡Hii! qué gran pesar que ey, se te alguun maao caualeiro ou perfioso ou cobardo ouver! E despois que esto diso, teméndose que a ouvesen en seu poder mouros, dou con ela tres vezes en huun penedo de marmore cabo que siia, é cada vez fendeo ata o tarréo. E a espada ficou sana seu ninhuun dapno, segon que ante era. E desí tomou o corno, é començou de tanger se viinria alguuns dos seus cristianos que jazian ascondudo con medo dos mouros que jazian enn o monte, ou se voluerian alí onde él jazia. -Alguuns d'aqueles que ja pasaran os portos para estar enna sua morte é para tomar   —286→   a sua espada é o seu caualo, é yr depos os mouros, se poderia alguuns matar, é moy régeo231 tangeo o corno, que pero que era de marfil, que o fendeu con o bafo, é á él quebrántonselle as veas do pescoço é os nárueos. E Calrros oyó a voz do corno hu siia con sua osten. E era dalí onde estaua Rulan oyto milias, en que chaman o val de Calrros. E quando o oyó Calrros, mandou gisar os seus, é quisera yr aló, mais Galaron que sabia a treyçon, diso: -Señor, non vaas aló, ca non he nada; ca por ligeira cousa acustumaua Rulan de tanger o corno; ca él non ha mester agora tua ajada, que él anda agora apos huun veado, tangendo o corno. -¡Ay, qué mao consello é qué enganoso de Galaron, treeydor, é qué semelláuele treeyçon de Judas! E en jazendo asi Rulan enn o prado sobre la erua, avia tan gran sede, que mayor non podia, é non podia auer agoa. E enton chegara ja Baldouin, é él fizera sinal que lle buscase agoa. E Baldouin buscou, andando de huun cabo é do outro, é non a pode achar, é que non avia y senon morte, ergeu a mano é beeyzéo con medo de o non mataren os mouros, é caualgou enno caualo de Rulan, é leixóo, é foyse a buscar a oste de Calrros é era ja pasada. E despois que se él foy, chegou Tédriquo hu jazia Rulan, é começou moy to de chorar sobre él, é dísolle que se confesase de seus pecados. E él en ese dia confesárase é reçebera o corpo de Deus ante que entrase enna lide. E era en aquel tempo custume que todo los que avian de lidar que se confesauan a seus bispos é á seus clérigos, é deles reçebian o corpo de Deus ante que entrasen enna lide. Enton Rulan, mártere de Jhesucristo, alçou os ollos ao çeo é diso: -Señor Jhesucristo, por cuja creença eu leixed a mina terra é viu á estas terras estrayas por enxaltar a cristianidade onde en moytas fides vinçí dos mouros por la tua graça, é onde en moytas chagas é deostos232 é pelejas é escarnos é caenturas é cansaço é fame é frio é moytos outros traballos padeçia; encoméndoche, Señor, esta mina alma en esta ora en que jauco; ca así commo por min é por los pecadores quiseste naçer, é morrer en cruz, é seer soterrado en moymento é deçer aos infernos é quebrantarlos é tirar ende os teus santos, é   —287→   a o terçer dia resurgir dontro os mortos; é despois sobir aos çeos, que nunca foron desanparados da tua presença é da tua santidade, asi a mina alma, Señor, por la tua misericordia seja liure da morte perduráuele que he o inferno. Confésome, Señor, que soo culpado é moy pecador; mais tú que es piadoso é perdoador de todo los pecados que os omnees fazen despois que se tornan á tí con boa contriçon é das a escaescer por sempre; é perdoache aos de Ninive é á Santa Maria Madanela é á Sam Pedro que te negou porque se conuertéron é tornaron...

Faltan hojas en el original, que contenían la prosecución de este capítulo y de los pocos restantes hasta el último, que trata de la expedición de Almanzor al sepulcro de Santiago233. Por dicha nos ha quedado en el Códice él fragmento final del libro, que dice así:

... a terra de Santiago por razon de roubar, nen por fazer outro mal. E pensaua é dezia outro non avia enn o mundo senon o bon varon Santiago que era Deus dos cristianos. Pois que se partió dalí, foyse é chegou á huna vila que chaman ovrigana, hu estalla huna iglesia moy fremosa de Sam Romano. E avia moytos ordenamentos de moy boos liuros é moytas cruze de prata é d'ouro, é onrrada de moytas vestiduras d'ouro moy boas, é Almeçor desque chegeu a aquela iglesia, tomou toda las cousas que y achou, é destroyó toda a vila. E albergando alí en aquela vila con suas caualarias, huun coudillo da sua conpana entrou en aquela iglesia, é vió hunas calonas de pedra, é moy ben lauradas d'ouro é de prata. E con maldae é con enveja que ouve, fillou huna cuna de ferro é meteoa per toas basas, é doulle con huun mallo de ferro, é deitáuaas en terra. E huna vegada ergeo o mallo é coydou á derribar d'aquel golpe toda a iglesia. E quiso obrar Nostro Señor do seu juyzo, é fez dél omaya de pedra con seu mallo enna mano dentro enna iglesia de Sam Romano. E atal color cal era a saya que tragia vestido. E soen dizer alguuns romeus que aló van en romaría, que aquela pedra deitó de sí mao odor. E Almeçor   —288→   vió esto, diso aos caualeiros de sua casa: -Moy to he para onrrar é para temer Deus dos cristianos que taes criados ha, commo quier que ja sejan pasados deste mundo para aquel outro, fillan direito d'aqueles que lles son reueos, asi commo se fosen viuos; ca huun tolleu a lume é d'outro fez pedra muda. Ca Santiago tolleu o lume dos ollos, é San Romano fez do omne pedra; mais Santiago he piadoso mais ca San Romano; ca él tornou me o lume dos meus ollos, é San Romano non me quer dar o meu omne. Pois que sí he, fujamos desta terra é vaámosnos. E enton foyse así o pagano confundudo con sua conpana; e nunca foy despois quien ousase de viinir conquerir a terra de Santiago. E sabede que quien quer viinir para destroyrla, que seerá condenado en aquel outro mundo, segon que sempre todos aqueles que a gardaron do poder dos mouros averá galardon do Rey celestial.

___________

A renglón seguido pone el Códice los fragmentos del libro V, que he notado en otro lugar234. Al primero (capítulo X) da comienzo esta rúbrica: Commo é per qué maneira está edificada a iglesia de Santiago.

El Códice carece de foliación. Lo que he transcrito y publicado del libro IV da principio en el folio 17 recto, y halla cabo en el 39 vuelto. Esmalta los folios anteriores nutrida serie de Milagros de Santiago, casi todos sacados de la turbia fuente Calixtina. Leíanse á los peregrinos, reunidos en torno del sepulcro del Apóstol, terminándose con el estribillo: Por ende digamos en oraçon pater noster et abe Maria et Credo in Deum, amén. El Códice, por lo visto, sería uno de los infinitos ejemplares que se escribían ó expendían en Compostela para uso y edificación espiritual de los devotos romeros.

FIDEL FITA.

Madrid 25 de Julio de 1881.